miércoles, 5 de octubre de 2016

O uso de internet no mundo

Introdución:

Nosa sociedade caracterizase por un amplio uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicacion (TIC), o que facilita o emprego da  información, e cada vez  encontrase mais difundido debido á aparición de novos dispositivos ou ben pola  redución dos prezos deses mesmos.








O aceso a esas tecnoloxías e o uso de internet esta moi presente na poboación xoven, sobre todo en idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, de feito o  85,9% manifestou o seu uso.


Ademais disto, a meirande parte da xuventude comprendida en idades inferiores ós 12 anos xa experimentou o uso desta "droga" que cada vez afecta a mais e mais nenos..... 

Sen embargo, faise notable que o emprego de internet cae có incremento da idade , pois dende os 35 ós 44 anos só o 56.4 por cento realiza algunha actividade na rede e, evidentemente, canto mais ascendamos en idade maior será o desuso desta ferramenta.  





Esta grafica amosa as actividades máis concurrentes de internet.
como podemos apreciar, as dúas mais visitadas son a búsqueda de información (88,7%) e os medios de comunicacións (84,1%).....decatámonos de que tamen está moi visitado as páxinas de contidos audiovisuais (71%-77%) e as paxinas de apoio escolar ou similar... (56,6%)

Un dato que temos que ter en conta é que ,hoxe en día, unha porción importante estudantil xa non asiste a clase, senon que poden quedar na casa e realizar os estudos a través dun ordenador.



Dende o meu punto de vista, penso que o "boom" de internet marcou e segue marcando a nosa sociedade. É verdade que pode haber moitas opinións ao respecto, mais eu penso que é unha gran vantaxe poder contar con este utensilio cada vez que sexa necesario, pois facilita muito o dia a dia para miles de persoas e fai que o saber chegue a todo o mundo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario